O novo selo Mar Maior presenta en Madrid, nunha Casa del Lector chea de público, unha cultura galega aberta ao mundo

Madrid, 23 de octubre de 2014.- Unha Casa do Lector chea de público acolleu onte á noite a presentación do novo proxecto editorial Mar Maior, que quere lanzar ao mundo, na era da globalización, a cultura galega na súa máis ampla dimensión, clásicos e contemporáneos. "A cultura galega non é unha cultura local", insiste Víctor […]
O filme "A Esmorga" estrea páxina web

Só resta un mes antes para que chegue á gran pantalla, a película "A Esmorga" (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia). Dende esta semana conta xa cun espazo de seu na rede no enderezo www.aesmorgafilme.com. A película, baseadao na novela de Eduardo Blanco Amor, está dirixida por Ignacio Vilar e conta entre o seu elenco de […]
A figura do arquitecto Gómez Román foi loubada na apertura dunha mostra na Casa Galega da Cultura

O 11 de novembro de 2014 cumpriranse 50 anos do falecemento de Manuel Gómez Román, unha das figuras máis importantes da arquitectura galega, cunha vida chea de compromiso con Vigo e Galicia. Gómez Román destacou pola súa prolífica obra arquitectónica inspirada nos monumentos galegos e nos nosos pazos. A súa obra é moi significativa, presente […]
Presentación de 'Olympia Ring, 1934' en Betanzos

Hoxe venres 17 de outubro presentaremos a última novela de Xabier López López Olympia Ring, 1934, ambientada na Barcelona de outubro de 1934 e co mundo do boxeo como telón de fondo. O acto terá lugar na Sala Azul do edificio Arquivo ás 20,30 horas con intervención do presidente de Eira Vella, o escritor Antonio […]
Inauguración da exposición MANUEL GÓMEZ ROMÁN (1876-1964) ARQUITECTO E GALEGUISTA

No acto intervirán Abel Caballero Álvarez, Alcalde de Vigo e Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol. O obxectivo da exposición é ofrecer unha ollada dende a Casa Galega da Cultura no 50 aniversario do seu pasamento. Exposición dedicada ao arquitecto Manuel Gómez Román, autor, na cidade olívica de obras emblemáticas como o edificio […]
Presentación do novo libro de Antón Dobao en Compostela

O escritor Antón Dobao estará na librería Cronopios de Santiago, o xoves 16 de outubro ás 20:00 horas, para presentar "As Ilusións Estrañas", un libro de relatos que vén de ser editado por Galaxia. No acto, o autor estará acompañado polo político Xosé Manuel Beiras e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Estamos […]