A memoria de Xosé María Álvarez Blázquez na Fundación Penzol

A familia do escritor e editor Xosé María Álvarez Blázquez, a súa viúva e os seus cinco fillos e fillas, asinaron na Fundación Penzol a entrega en depósito dun importante fondo documental de quen foi unha das figuras do galeguismo e da cultura galega do século XX, a quen a Real Academia Galega dedicou o […]

Doazón do arquivo de Xosé María Álvarez Blázquez á Fundación Penzol

Hoxe venres, ás 12:00 h, vai ter lugar a sinatura do documento de entrega dos fondos arquivísticos de Xosé María Álvarez Blázquez á Fundación Penzol, por parte dos seus fillos e fillas. A doazón consta de 111 carpetas que conteñen máis de 2.500 documentos, folletos, retallos de prensa, manoscritos, orixinais mecanografados e coleccións temáticas agrupados […]

Caneiro presentou 'Despois de ti, a chuvia'

Na compaña dos músicos Emilio Rúa e Xosé Gayoso e presentado polo editor do libro-disco, Francisco Castro, o poeta Xosé Carlos Caneiro presentou onte no Principal de Ourense o seu novo traballo, 'Despois de ti, a chuvia'. O patio de butacas e parte dos palcos enchéronse para escoitar a música que xerou a inspiración lírica […]

Conversa entre Larpeiros

Benigno Campos e Tomás Alonso son dous dos 'larpeiros' máis coñecidos do país. Ambos os dous teñen publicado recentemente (o último na compaña de Víctor López) interesantes libros que profundan na nosa realidade gastronómica. Nese contexto, pareceunos moi interesante xuntalos arredor dunha mesa para falar. Entre eles e con todas e todos os que se […]

Para lembrar o Holocausto

Hoxe, 27 de xaneiro, é o día designado pola ONU para lembrar o Holocausto, é dicir, o xenocidio do pobo xudeu cometido polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. É moita a literatura que se ocupou de lembrar eses feitos, ben contando historias reais, ben ficcionando unha realidade salvaxe que non debe volver repetirse. No […]

Onde mercan os Larpeiros

Os moitos seguidores de Larpeiros, eses milleiros de persoas que nas cociñas das súas casas seguen paso a paso as receitas que Benigno Campos lles fornece nos seus libros, teñen agora a oportunidade de achegarse, con este Onde mercan os Larpeiros ás máis excelentes galdrumadas da nosa terra. Tomás Alonso e Víctor López, os autores, […]

Petando nas portas de Dylan

Estes días chega ás librerías unha nova edición do libro de poemas de Antonio García Teijeiro, 'Petando nas portas de Dylan'. Coñecida é a devoción do poeta vigués polo músico norteamericano. Como coñecida é a importancia da música pop e rock na súa produción, tantas veces bebendo nesas notas e nesas letras. Agora, e coas […]

Despois de ti, a chuvia

Neste novo libro-disco, Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propias palabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos: Quería cambiar o mundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible, cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Quería cambiar o mundo, […]