Todos somos pequenos

Haberá que falar dos autores pequenos, menores, os inconclusos. Non sempre atoparon rima para o verso e con frecuencia perderon o combate da prosa, pero aí seguiron, incesantes, loitadores. Os libros que escribiron amorean po na biblioteca da súa vila natal ou dormen a dignísima eternidade do faiado. Non obtiveron o recoñecemento do premio remunerado […]

Un testemuño xeracional arredor da droga

Tamén unha historia de amor. Amor a Nico, amor a Xulia e amor á vida, representada polos amigos. Arroupada por todos eles, que encheron o local a tope, Xulia Alonso presentou en Vigo o seu primeiro libro, "Futuro imperfecto", acompañada da súa filla Lucía, á que vai dedicado, e coa memoria de Nico, o seu […]