Un circo

Ábrese o telón. Un “opinólogo” dun programa televisivo chámalle “guarra”, “puerca” e “zorra repugnante” á conselleira de sanidade catalana. Todo isto aderezado cunha comparación da situación da moralidade en materia sexual de hoxe en día coa sodomización de menores. O mestre de cerimonias está entusiasmado. O escenario fede a vertedeiro machista, a resentimento e intolerancia. […]