O abrigo
Dúas pícaras diríxense á escola. Cruzan o barrio de dez casas onde viven. Xusto ao final da pista, do territorio das bicis, do brilé, das carreiras, hai un almacén de caixas e botellas que delimita. A partir de alí, a pista torna en estrada, os coches van máis rápido, non hai acubillo. Comeza a vila. […]