O hospital das palabras

  Nai e Pai sempre pensaran que a literatura era un microcosmos de emocións e silencios, un espazo acolledor para a pausa e a reflexión, un acubillo contra o acoso do ruído, un lugar de tránsito entre a certeza e os soños, unha gándara aberta onde as palabras adquiren o poder de transformaren a realidade. […]