Farrah

En Bueu, onde nacín, vivía un kiosqueiro que se chamaba Berto Borrallas. Borrallas –o alcume nunca souben de onde viña- era, de facto, un kiosqueiro-libreiro, porque a súa minúscula tenda trascendía o ámbito limitado dos xornais e revistas, e ateigábase de centos de libros que Borrallas coñecía a fondo, porque Berto, coma todo o mundo […]