Grial incorpora o Anuario de Estudos Literarios Galegos ao seu proxecto.

O Anuario Literario, que nesta nova etapa dirixe Dolores Vilavedra, actualízase logo de once anos de publicación ininterrompida. Os obxectivos dos evidentes cambios na maqueta, á parte de adecuárense á imaxe corporativa de Grial, procuran, en palabras da súa directora "facilitar o acceso do lector á información" e lograr que a publicación sexa máis efectiva […]

Tamén en letras galegas

A tradución sobre todos das obras clásicas, constitúe unha das principais materias pendentes da literatura galega, segundo puxo de manifesto o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. De Romeo e Xulieta a Crime e castigo, pasando por As ondas ou os mellores poetas de Inglaterra e Francia, as referencias máis indiscutibles da historia da […]

O Premio Manuel Murguía 2002 é o testemuño dunha correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América

Por fin está publicada. É a obra gañadora do Premio Manuel Murguía 2002: As Cartas do Destino. Onte presentouse esta publicación na Deputación Provincial de A Coruña. Os seus gañadores, os mestres Xosé Manoel Núñez Seixas e Raúl Soutelo levaron a cabo unha labor historiográfica para realizala. Basada na correspondencia real que mantiveron alén 50 […]

Galaxia presenta un novo volume da súa colección Biblioteca de Teatro

Malia ter xa publicados sete títulos, aproveitouse esta ocasión para presentar publicamente a colección, subdividida en dúas series, unha de manuais e outra de breviarios. A Casa da Cultura Galega foi a sede escollida para o acto no que Análise e intepretación de textos dramáticos. Unha introdución presentouse como unha aposta de futuro. Baixo unhas […]