Tres obras de Galaxia no catálogo da OEPLI 2017

Categoría: Nova

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI, nas súas siglas en español) deu a coñecer a pasada semana o seu catálogo coas obras máis destacadas publicadas no estado en 2017. Nesta selección participan tamén, como non podería ser doutro xeito, as diferentes seccións territoriais, entre elas Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), quen incluíu na súa escolma tres obras editadas por Galaxia, dúas novelas xuvenís e un poemario infantil: Os nenos da varíola de María Solar, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros de Marilar Aleixandre e A pel do mundo de Berta Dávila.
Podes consultar o catálogo ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email