Bases

1. Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.
2. Para participar hai que ler un libro da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
3. Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal un arquivo de video a través da plataforma WeTransfer. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade do vídeo é animar a que outras persoas lean.
4. A Editorial Galaxia resérvase o dereito de divulgar, a través da súa web e das sús redes sociais, os vídeos enviados. Por este motivo, no mail que cada participante nos envíe, ademais do vídeo deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
5. O vídeo non poderá superar os 2 minutos de duración.
6. Convidarase a un xurado formado por alumnado da ESO dun centro de Galicia para decidir o vídeo gañador. Automaticamente este centro quedará fora da convocatoria. Cada membro do xurado estará obrigado a elexir os cinco videos que máis lle gusten, de entre todos os recibidos.
Deberá valorar os seguintes aspectos cunha puntuación entre 1 e 5:
a. Poder de persuasión
b. Claridade expositiva
c. Creatividade na gravación
7. O rapaz ou a rapaza que gañe o reto lector recibirá un Ipad de última xeración.
8. Ademais haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades das coleccións Literaria, Costa Oeste e Árbore para os cinco seguintes clasificados.
9. A data límite para entregar os videos será o 26 de abril de 2019.
10. O fallo do xurado farase público no mes de xuño de 2019.

Podes descargar a autorización para participares aquí.

Podes descargar a folla voandeira coas bases aquí.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR