chea aloumiños

10,10€

mercar

Unha chea de aloumiños

Antonio García Teijeiro

Poemas breves que convidan á observación lírica e lúdica do mundo todos os días

Este libro reúne nun único volune catro libros de poesía para rapaces publicados en 1988 (Coplas, Nenos, Aloumiños) e 1992 (Poemas do sol e da lúa). Trátase de poemas que transforman o mundo en espacio máxico a través das palabras. Apoiándose frecuentemente na tradición popular, García Teijeiro ofrece neste libro unha poesía tan sinxela como rica en imaxes e capacidade evocativa, moi apropiada para estimular o amor polas palabras e a imaxinación lírica dos nenos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 104
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 115 x 202
  • Data Publicación : 1998-02-01
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-168-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

Autor/a

antonio-garcia-teijeiro-anxo-cabada

García Teijeiro, Antonio
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na Lista de Honra do IBBY e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Pero estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e por músicos como Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede dende o blog Versos e aloumiños.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR