polbo xigante

11,00€

mercar

Un polbo xigante

Carlos Casares

Un libro fermosamente ilustrado que nos divirte e nos fai pensar.

Este relato de Carlos Casares reúne moitas características que fan os seus textos inconfundibles e que lle valeron o aprecio de miles de persoas dentro e fóra de Galicia. Con esta historia graciosa e á vez simbólica do mundo da beiramar, con ilustracións de Enjamio, chíscanos un ollo, entretennos, divírtenos e dános que pensar, botando man do mellorciño da nosa tradición oral. É a historia dun rapaz que un día ve como un polbo xigante arrastra o criado Nicolás para baixo do mar, levándoo, polo que parece, canda si para sempre. E é tamén a historia da vella Delfina, que di que o pillabán do Nicolás só foi a unha festa, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado de polbo. Pero as aparencias enganan -ou non, que nunca se sabe- e o desenlace sorprende. En resumidas contas, eis un libro como unha xoia ou, mellor, como unha comida saborosa, completa, pero lixeira e dixestiva.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 36
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 16 x 22 cm
  • Data Publicación : 2000-10-01
  • Colección : Edicións especiais en capa dura
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-387-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez
palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije

Casares Mouriño

Casares, Carlos
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR