raul

8,70€

mercar

Raúl

Helena Villar Janeiro

Raúl, que é o mesmo que luaR, pero ao revés e con acento, era o nano perfecto, o mellor neno do mundo, pero tiña un problema....

Raúl era un neno moi bó. Todos o queren. Os pais e os avós pensan que é o mellor neno do mundo. Pero non se decatan de que Raúl ten un grave problema. Raúl non sabe dicir que non.

Non sabe este neno, nacido en Compostela, dicir: "non" no momento adecuado, e pode poñer a calquera en serios apuros.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 108
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 13 x 20 cm.
  • Data Publicación : 2005-05-18
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-800-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-da-vella-libreriaO segredo da vella libreríaXabier López López
amor-por-catroAmor por catroHelena Villar Janeiro
de-gres-a-cadizDe Gres a CádizXosé Neira Vilas

Helena Villar Janeiro

Villar Janeiro, Helena
Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá no ano 1940. Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid. Como escritora cultivou varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. No ano 1984 publicou unha novela para rapaces titulada Patapau. Despois foron aparecendo O día que choveu de noite, Vermiño, A canción do Rei e a novela Viaxe a Illa Redonda. No ano 1991 Galaxia editou O enterro da galiña de Domitila Rois, primeiro libro de Helena Villar dirixido ó público adulto.
En 2015 foi nomeada Socia de Honra de Gálix e recibiu a Letra E que lle concedeu a AELG.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR