Os fíos de infantil

Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca

Traballo gañador do XXXVI Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016. Esta edición contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Un libro que emociona, que achega o coñecemento e as experiencias de dúas mestras comprometidas coa calidade e a innovación educativas. As súas ideas brillantes, as reflexións cheas de sentido, as críticas consistentes fan desta obra unha guía de recursos que melloran as competencias profesionais dos mestres e os coñecementos dos pequenos e das pequenas, lonxe de modas pasaxeiras e de urxencias burocráticas. Un libro que inspira para que cada persoa que o lea atope o seu propio camiño. Unha decidida aposta holística por unha escola segura de si mesma, pola calidade, pola creatividade, pola vida, pola educación integral, a favor dos nenos e das nenas e, tamén, das súas familias. Unha reflexión e uns recursos froito dunha práctica cotiá continuada, cunha base científica e unha técnica solvente e actual.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 184
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 170 x 240
  • Data Publicación : 07-06-2017
  • Colección : Biblioteca de Intervención Social / Didáctica
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-063-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 8
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Autor/a

angeles-e-isabel-abelleira-noire-et-blanche

Abelleira Bardanca, Ángeles e Isabel
Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca son dúas irmás mestras de infantil que desde 2010 amosan o seu traballo na escola pública galega no blog InnovArte Educación Infantil, co ánimo de que se coñeza parte do que nela se fai e que, malia o seu valor, sempre queda oculto entre os muros dos centros. As experiencias de aula, reflexións educativas, recomendacións de lectura e outras moitas informacións deron lugar a que, a día de hoxe, se atopen máis de 1.200 post, lidos por milleiros de seguidores de toda Iberoamérica. Recibiron o premio Mestre Mateo (2011) polas súas colaboracións educativas no ámbito audiovisual; o Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa (2012), e varios a nivel autonómico (2001-2003). Representaron a España na I Rede Iberoamericana de Innovación Educativa en Educación Infantil polo ciclo 3-6 (2014). En 2016 foron galardoadas co Marta Mata de Pedagoxía polo libro Os fíos de infantil, publicado en catalán, castelán, galego e portugués brasileiro.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR