obra-dramatica-andrea-dunbar

18,95€

mercar

Obra dramática. De Arbor, Rita, Sue e Bob tamén Shirley

Andrea Dunbar

As tres pezas contidas neste volume presentan a experiencia vital, e real, dun conxunto de mulleres que habitan mundos moi marcados pola violencia, a exclusión e todo tipo de precariedades e carencias.

Recreando a vida cotiá dun fato de rapazas cando mocean, mentres pelexan con pais e nais, ao padeceren violencia de xénero, ou mesmo nese see ir tirando dun día polo outro, Andrea Dunbar tamén configura un duro mosaico da vida diaria de moitas familias acollidas en barrios dormitorio nos anos sesenta e setenta do pasado século, alí onde o paro, a droga e o alcol maiores estragos causou. Por iso as historias que abrollan en cada unha destas tres pezas seguen a ter tanta crueza como actualidade, porque sitúan en primeiro plano o que tantas veces se quere esquecer, agochar ou negar, como tamén o fai a magnífica fotografía de Nick Hedges presentada na cuberta.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 244
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 07/02/2020
  • Colección : Biblioteca ESAD
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-440-4
  • Edición :
  • Nº na colección : 14
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra
distanciasDistanciasTamara AndrésMarcos Viso

Autor/a

andrea-dunbar

Dunbar, Andrea
(Bradford, Inglaterra, 1961-1990). Con quince anos escribe unha peza breve, de Arbor, estreada en 198 no Royal Court de Londres, con notable éxito de público, á que seguiran outras dúas con idéntica acollida. En tanto precursora de movemento "In-Yer-Face Theatre" e do brutalismo" literario, que abrollan en Londres a finais do século pasado, propón porén un drama factual asentado nunha escrita cunha forte dimensión documental, para retratar a vida das xentes máis desfavorecidas e excluídas, aquelas que, como a súa familia, padeceron os rigores da política económica e social dos dobernos de Margaret Thatcher. Malia morrer moi nova, a súa obra, con só tres pezas, destaca na dramática británica ou europea do século vinte polo seu carácter innovador e crítico


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR