O suicidio de Jonas Björklung e outras historias

Carlos Casares

Recóllese neste libro de Carlos Casares unha colección de relatos dispersos, en galego e castelán, algún deles inédito, escritos entre os anos 1965 e 2001.

Un conxunto de historias que vén ser o complemento dos dous libros de relatos –Vento ferido (1967) e Os escuros soños de Clío (1979)-, que o autor publicou en vida.

Pequenas xoias literarias do autor homenaxeado co Día das Letras galegas de 2017, nas que aparecen os temas principais da súa obra: a violencia, o dogmatismo, a tolerancia e o humor.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 152
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/12/2017
  • Colección : Biblioteca Carlos Casares
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-055-0
  • Edición : 1ª ed.
  • Nº na colección : 24
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

Casares Mouriño

Casares, Carlos
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR