Sale!
9788491514077

11,70€

mercar
Etiquetas: , ,

O home que mercou un libro

Paco Martín

“Son as nove e vinte minutos do día 23 de xuño e hai menos de media hora que Aníbal Hortensio López da Carricova saíra da casa coa intención de camiñar os tres ou catro quilómetros que, de acordo cos consellos do médico, debía andar cada día para beneficio do seu corpo e mesmo da súa mente. Aníbal non ten máis ca vinte e catro anos pero non poderiamos dicir que estea en moi boa forma física. Sóbranlle oito ou dez quilos de peso en opinión do seu endocrinólogo, e na do monitor do ximnasio ó que ás veces acode cumpriría darlle elasticidade a uns músculos que teñen unha clara tendencia a se atrofiar por escaseza de uso...”

Así dá comezo esta nova obra de Paco Martín que é, sobre todo, un libro sobre os libros, sobre o esforzo que hai detrás de todos e cada un dos libros. Un libro para ler os que devecen por ler como respirar.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 104
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 04/10/2019
  • Colección : Coste Oeste
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-407-7
  • Edición :
  • Nº na colección : 116
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva

Autor/a

paco-martin-pepe-alvez

Martín, Paco
Paco Martín (Lugo, 1940) foi mestre. Leva toda a vida escribindo nos medios de comunicación, onde moitos dos seus artigos foron premiados (Premio Puro Cora de Xornalismo, 1994). Un dos seus grandes intereses foi o ensino da nosa lingua, para o que escribiu libros de texto. Entre a súa vizosa obra destaca Das cousas de Ramón Lamote (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986) e Lista de Honra do IBBY (1986). O home que mercou un libro é a primeira obra que publica na colección xuvenil Costa Oeste.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR