foto

14,90€

mercar

O can dos Baskerville

Arthur Conan Doyle

Unha historia de terror calofriante levada ao teatro, ao cinema e á televisión.

As aventuras do máis famoso detective de todos os tempos. Na Inglaterra vitoriana, Holmes resolve os casos máis insólitos grazas á súa capacidade dedutiva e á axuda do Dr. Watson. Na rexión de Dartmoor, Holmes investiga a morte inesperada de sir Charles. Unha vez máis a maldición cae sobre os Baskerville, anunciada por un espectro e os alaridos dun can.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 204
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 140 x 217
  • Data Publicación : 2002-11-01
  • Colección : Biblioteca Sherlock Holmes
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-086-0
  • Edición : 2

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

arthur

Conan Doyle, Arthur
Sir Arthur Conan Doyle (1859-1930) é recoñecido como mestre do suspense e creador dun dos máis coñecidos personaxes de ficción do mundo. Exercía como médico cando escribiu a primeira aventura de Sherlock Holmes. O seu éxito fíxolle abandonar a súa primeira profesión para dedicarse á literatura. Durante uns corenta anos escribiu numerosas aventuras do seu famoso detective, ao que tratou de poñer fin en varias ocasións, pero o clamor do público impediullo. Foi o creador dun tipo de novela detectivesca na que a dedución é a arma principal e o azar non ten cabida. Ademais dos libros que tiñan como protagonista a Holmes, escribiu outras historias detectivescas, de ciencia ficción, de corte autobiográfico e numerosos contos e novelas breves nos que se revela coma un mestre do xénero.
Editorial Galaxia publicou na colección Biblioteca Sherlock Holmes un total de nove volumes con obras súas: Un estudio en escarlata, O arquivo de Sherlock Holmes, O can dos Baskerville, Memorias de Sherlock Holmes, O val do terror, As aventuras de Sherlock Holmes, O últimos adeus, O signo dos catro e O regreso de Sherlock Holmes.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR