Sir Arthur Conan Doyle (1859-1930) é recoñecido como mestre do suspense e creador dun dos máis coñecidos personaxes de ficción do mundo. Exercía como médico cando escribiu a primeira aventura de Sherlock Holmes. O seu éxito fíxolle abandonar a súa primeira profesión para dedicarse á literatura. Durante uns corenta anos escribiu numerosas aventuras do seu famoso detective, ao que tratou de poñer fin en varias ocasións, pero o clamor do público impediullo. Foi o creador dun tipo de novela detectivesca na que a dedución é a arma principal e o azar non ten cabida. Ademais dos libros que tiñan como protagonista a Holmes, escribiu outras historias detectivescas, de ciencia ficción, de corte autobiográfico e numerosos contos e novelas breves nos que se revela coma un mestre do xénero.
Editorial Galaxia publicou na colección Biblioteca Sherlock Holmes un total de nove volumes con obras súas: Un estudio en escarlata, O arquivo de Sherlock Holmes, O can dos Baskerville, Memorias de Sherlock Holmes, O val do terror, As aventuras de Sherlock Holmes, O últimos adeus, O signo dos catro e O regreso de Sherlock Holmes.