Lembranzas do meu vivir II

22,00€

mercar

Lembranzas do meu vivir II

Ramón Otero Pedrayo

Escritas cando xa levaba uns anos xubilado da súa cátedra compostelá.

As memorias de Ramón Otero Pedrayo reconstrúen con man de mestre os ambientes que o acubillan ao longo da súa vida. O Madrid dos anos de formación xorde destas páxinas mediante a evocación dos personaxes que o habitan, dos lugares e feitos que, atravesando as camadas da Historia, son descritos cunha vívida percepción do decurso do tempo. O senso da duración da experiencia propia e a cultura como elaboración colectiva combínanse nun alento único, o da representación do tempo vivido.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 412
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2015-09-01
  • Colección : Biblioteca Otero Pedrayo
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-621-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.

Otero Pedrayo

Otero Pedrayo, Ramón
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR