Estás aquí:

Código: 2097

A ledicia de ler

30,50  IVE INCLUIDO
Esta compilación de máis de catrocentos artigos permite reconstruír a memoria lectora da sociedade galega a través dos máis de vinte anos, de 1975 a 1992, en que Carlos Casares quixo compartir cos lectores e lectoras do xornal La Voz de Galicia a ledicia de ler.
Con este título convidou a unha sociedade galega que saía de corenta anos de ditadura a abrir as fiestras á luz da intelixencia. Segundo escribiu o autor de O sol do verán, a súa intención era "fomentar a lectura do libro galego e fundar unha crítica literaria sostida e regular". Velaquí unha achega imprecindible non só para completar a obra xornalística do escritor senón tamén para coñecer e comprender en profundidade a súa concepción da literatura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 824
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 130 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Carlos Casares
Nº na colección: 25
Edición: 1ª ed.ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-097-0
Observacións:

AUTORES/AS

Casares, Carlos
Casares Mouriño

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2017.

As súas obras

A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Carlos Casares

Á marxe, 1992. Obra xornalística I
marxe 1992
18.75€ CON IVE
Á marxe, 1993. Obra xornalística II
marxe 1993 caixa
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1994. Obra xornalística III
marxe 94
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1995. Obra xornalística IV
marxe 95
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1996. Obra xornalística V
marxe
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1997. Obra xornalística VI
marxe
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1998. Obra xornalística VII
marxe
19.60€ CON IVE
Cambio en tres
cambio tres
15.00€ CON IVE