Grial 225-226

VV.AA.

EDITORIAL GALAXIA UN PROXECTO ESTRATÉXICO

Galaxia naceu en 1950 para rachar co silencio. Naquela España claustrofóbica e encarcerada, onde nin sequera o aire se atrevía a ir ceibo. Naceu con esa idea: darlle voz a unha cultura, a unha lingua, a un sentimento e a unha maneira de estar no mundo.

O fío viña de atrás. Do Seminario de Estudos Galegos. Das Irmandades da Fala. Da Xeración Nós. Dos soños de Manuel Antonio nun barco en alta aberto. Do que lle viña ao maxín a Castelao mentres limpaba as lentes nun instante de descanso pola Bretaña. Todos, entre todos, antes ca todos, soñaron Galaxia antes de que aquelas mulleres e aqueles homes afoutos sentasen e a fundasen naquela Asamblea no Hotel Compostela de Santiago.

Era un 25 de xullo de 1950. A data non se escolleu ao chou.

Galaxia é a consecuencia dun soño feliz no medio dunha realidade de pesadelo, dun ins- tante luminoso onde non había luz por ningures. E igual que os radiotelescopios se orientan cara ao ceo na procura do ruído derradeiro do Big Bang, nós, a diario, en canto abrimos ás 8 de cada mañá a porta da editorial, esforzámonos en escoitar o eco daquelas voces arredor dunha mesa, dun café, de Isla, de Piñeiro, de Del Riego, de Pedrayo…, voces case caladas e de cortinas pechadas porque o medo era moito, pero que falaban con claridade e que, dal- gunha maneira, nos trouxeron ata aquí.

Celebramos 70 anos de existencia dunha editorial que é moito máis que unha editorial. E a frase non é un tópico. É radicalmente así. Pois cando se fundou decidiuse que a respon- sabilidade dos que a levasen adiante non ía ser o beneficio, coma noutra empresa máis, nin as vendas, coma noutra empresa máis, ou o crecemento ano tras ano, coma noutra empresa máis. Esta empresa —porque somos empresa con forma xurídica de Sociedade Anónima— pode gabarse de que “nunca” repartiu beneficios, porque, cando os hai, son todos, de novo, para o proxecto, para o soño, para a idea, para o camiño que levamos 70 anos facendo.

Galaxia responde diante do país. Nin sequera diante dos seus accionistas. Diante de Galicia. Soa grandilocuente? Claro, claro que soa. Porque o é.

Seguimos aquí. Polo menos, outros 70 anos máis. Sentados na mesa aquela do hotel Compostela. 25 de xullo de 1950. Non sabían que estaban facendo Historia. Nós si que o sabemos. E, fieis aos seus mandados, seguimos adiante. Impulsados por elas e por eles. Son os nosos azos e o exemplo que seguir de cada día.

Son Galaxia. A que somos Nós.

E sobre este soño feliz reflexionamos neste monográfico protagonizado por persoas que coñecen, e máis de primera man, a realidade pasada, presente e futura, de Editorial Galaxia.

No pasamento de Xulio Amigo

Este é un momento moi difícil e duro para os que formamos parte da familia da Editorial Galaxia, pois o pasado 21 de febreiro foi o inesperado pasamento do noso compañeiro e director comercial, Xulio Amigo. Traballador incansable, ilusionado e apaixonado polo tra- ballo, deixa un oco no noso corazón imposible de encher.

Dende a Editorial Galaxia, as súas compañeiras e compañeiros, así como os membros do Consello de Administración, queremos transmitirlle á súa familia, en especial ás súas dúas fillas, motor completo da súa vida, o noso abrazo máis cálido.

Na nosa memoria quedarán as interminables xornadas de traballo con Xulio, sempre cun sorriso, así como a súa fecunda imaxinación creativa que nos sorprendía todos os días. Xulio repetía sempre que Galaxia era unha prolongación do seu corpo. Así que hoxe sen- tímonos mutilados, sabedores de que a vida, tan inxusta tantas veces, nos arrincou para

sempre un anaco de nós.

Descansa en paz, compañeiro

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 196
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 185 x 270
  • Data Publicación : 22/05/2020
  • Colección : Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 0017-4181
  • Edición :
  • Nº na colección : 225-226
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR