conversas fole

11,50€

mercar

Conversas con Ánxel Fole

Anxel Fole

Carlos Casares

Un libro de conversas entre dous grandes escritores galegos do século XX.

Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) pregunta e Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986) responde. O resultado é abraiante: unha das personalidades máis fortes e ricas da Galicia do século XX dá as súas orixinais e particularísimas opinións sobre a literatura, a pintura, a violencia, a música, a gastronomía, a xente… Con imaxinación e agudeza, Fole non ten inconveniente en dicir o que pensa.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 96
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 14 x 21 cm
  • Data Publicación : 2005-09-16
  • Colección : Biblioteca Carlos Casares
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-830-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez
palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije

Fole

Fole, Anxel
Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986) cursou estudios de Dereito e Filosofía e Letras en Valladolid e en Santiago, pero dedicou toda a sua vida á literatura e ao xornalismo. O seu primeiro libro publicado foi A lus do candil (1952), ó que lle seguirían Terra brava (1955), a obra teatral Pauto do demo (1958), Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1985) Mestre do relato curto, a súa literatura contén elementos máxicos e realistas e céntrase fundamentalmente na descrición do mundo tradicional galego.

Casares Mouriño

Casares, Carlos
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR