Estás aquí:

Código: 1724

Contos de vento e de nunca acabar

11,00  IVE INCLUIDO
Abride os ollos e aguzade o oído: imos contar un conto, sen principio nin fin...
Rimas, brincadeiras, divertimentos, escenas cómicas, historietas absurdas, bromas en verso, enredos breves: velaquí vos sopra á cara unha brisa fresca de contos de nunca acabar. Poden acompañar os vosos xogos ou podedes xogar con eles, cambiándoos ou non, inventando outros novos ou aprender os que vos lanza o autor, que algún tamén el o ten aprendido dos seus avós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 96
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/09/1999
Dimensións 116 x 189 mm.
Colección: Árbore a partir de 8 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-278-9
Observacións:

AUTORES/AS

Cortizas, Antón
anton-cortizas-©Kiko-delgado

(Ferrol, 1954) é profesor. En 1986 gañou o premio Curuxa de Humor co relato A medio muller. Desde aquela, a súa dedicación á literatura infantil e xuvenil deparoulle moitos recoñecementos, como o premio Barco de Vapor por Memorias dun río (1988), O conto dos sete medos (1991) e Os gritos das illas Lobeiras (Premio Barco de Vapor 1995), o premio Xeración Nós de textos teatrais por O coleccionista de sombras (1990) e O incrible invento de Solfis a pianista (1994), así como Xogando con gatos (Premio Manuel María de literatura dramática infantil, 2014, e Premio da I gala do libro galego, 2016, modalidade teatro).

Outros títulos publicados por Cortizas son Xiganano, ¿onde estás? (1990), O lapis de Rosalía (1992), A bruxa sen curuxa (1993), O merlo de ferro (1995), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) e ¡Cázame ese pensamento! (2001).

En Editorial Galaxia publicou Contos de vento e de nunca acabar (1999), Historias e algún percance todos ditos en romance (2004) (accésit do Premio Lazarillo), Abrapalabra! (2010), Tenrura (2017), Non trabes na lingua (2019), Adiviña esta adiviña (2021), Os dez animais (2022) e Quéresme adiviñar? (2023).

Foto do autor: ©Kiko Delgado.

As súas obras

Tenrura
tenrura
20.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 8 anos

A abella abesullona
abella
9.60€ CON IVE
A noite dos animais
a noite dos animais
esgotado
A princesiña que conducía unha locomotora
princesiña
10.75€ CON IVE
Acuarelas
acuarelas
10.20€ CON IVE
Almas de algodón
Almas de algodón
11.80€ CON IVE
As catro estacións
as catro estacions
10.90€ CON IVE
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
laranxas
11.90€ CON IVE
As outras historias
outras
11.40€ CON IVE