Castelao. Construtor da nación. TII 1931-1939

Miguel Anxo Seixas Seoane

II TOMO GRANDES BIOGRAFÍAS DE CASTELAO

O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista.

Velaquí o segundo volume dunha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, desta volta durante os anos da Segunda República e a Guerra Civil. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica da vida de Castelao deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 1500
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 220 x 155
  • Data Publicación : 23/06/2020
  • Colección : Grandes Biografías
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-476-3
  • Edición :
  • Nº na colección : 5
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Autor/a

MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANE

Seixas Seoane, Miguel Anxo
é un historiador galego que naceu en Arzúa en 1960. Licenciouse en Historia da Arte Moderna e Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela entre 1979 e 1984.  Entre as súa obras podemos destacar “O Camiño de Santiago” (1990), “Ánxel Casal” (1995), “Castelao pintor” (2006, Galaxia) e “Quen fora pedra” (2017).  Ademais participou en numerosas obras colectivas como “Celso Emilio Ferreiro” (1989), “Para ler a Castelao I e II” (2000, Galaxia) e “Camilo Díaz Baliño, o deseñador da nación” (2016).  “Castelao. Construtor da nación” é o primeiro dos tres volumes que abordan, dunha maneira definitiva, a vida e a obra do autor rianxeiro.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR