arredor de si

13,00€

mercar

Arredor de si

Ramón Otero Pedrayo

Unha novela imprescindible para comprender a evolución da narrativa galega do século XX.

Publicada en 1930, cando o seu autor tiña 42 anos, pódese considerar a biografía espiritual dos homes da Xeración Nós. O seu protagonista, Adrián Solovio, é un dos personaxes que xa figuran no patrimonio literario galego. A súa historia é a da procura da identidade, a da descuberta do que representa Galicia como realidade con carácter e existencia de seu. Rexa, ben construída, cunha prosa efectiva que transmite ao lector unha gran capacidade para visualizar a narración a través dun estilo directo, de frase curta, Arredor de si conseguiu situar a novela galega na vangarda da época.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 164
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2015-01-12
  • Colección : Biblioteca Otero Pedrayo
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-649-7
  • Edición : 3

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.

Otero Pedrayo

Otero Pedrayo, Ramón
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR