a galiña azul

8,90€

Non dispoñible

A galiña azul

Carlos Casares

Un libro co que miles de nenos e persoas maiores se introduciron na literatura infantil na nosa lingua.

Publicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á dereita, "non é unha galiña como é debido".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 54
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 136 x 188
  • Data Publicación : 2002-06-01
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-536-0
  • Edición : 4

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

latexo-beatLatexo BeatFestival Internacional Kerouac Vigo
corpo-de-antiochiaCorpo de antiochiaTamara Andrés
leonardo-e-os-fontaneiros-2017Leonardo e os fontaneirosMaría Victoria Moreno
a-sombra-dos-bonsaisÁ sombra dos bonsaisAntón Riveiro Coello

Casares Mouriño

Casares, Carlos
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR