Presentación e concerto de ESTAMOS NO VERÁN!!! na Coruña

Categoría: Nova

O músico Xoán Curiel presentará o seu traballo ESTAMOS NO VERÁN!!! que vimos de publicar na colección Sonárbore + Grandes, a primeira novela-disco e da que Charo Pita escribiu a historia.
No referencial blogue educativo TRAFEGANDO RONSEIS dicíase estes días que estamos diante dunha "oixinal proposta da editorial Galaxia, unha novela-disco con texto de Charo Pita, música de Xoán Curiel e ilustracións de Iván R. : Estamos no verán!!! é un diario dun mozo que no verán é quen de realizar o seu soño, que non é outro que ter un grupo de música. E como o verán está cheo de maxia e de amizade, compartiremos a música co seu diario. Pero… volver ás aulas non é tan malo! E así nolo deixará caer o noso protagonista.
Por tanto, este verán podemos ler e cantar ao mesmo tempo, cunha "banda sonora" onde bailaremos a ritmo de rock, blues, funky ou bossa nova, que de todo hai neste disco que acompaña o libro. Unha boa oferta para este verán, sen dúbida ningunha".

Comparte nas túas redes sociais ou por email