A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia, e a Galería Sargadelos de Boiro convidan este venres á saída do número 78 do suplemento cultural "A Voz de Barbantia", así como á presentación da obra "Verde oliva", de Xavier Alcalá, nun acto que terá lugar o venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos –Rúa Principal, nº 65–, e no que estarán presentes, amais do autor, Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, e María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo da A. C. Barbantia.
Inaugurarase no mesmo acto a exposición do artista Rianxeiro Che Tembra.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR