María Fumaça no San Xoán Pequeniño da Coruña

Categoría: Nova

(foto de Paxi Da Silva Ferreira)
Este martes, día de San Xoán, e festivo en moitos lugares de Galicia, subirán ao escenario do San Xoán Pequeniño, que se celebra na Coruña, o espectáculo "María Fumaça".
Liderada pola cantante e compositora Uxía, o directo de "María Fumaça" permitiranos er a esta gran familia enriba do escenario. Unha morea de artistas acompañan a Rui, maquinista desta locomotora que vén de botar a andar o segundo libro-disco-DVD, hai unhas semanas e que titulamos XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ!.
Os que se acheguen pola Coruña asistirán a un repertorio cheo de maxia, viaxando co tren de "María Fumaça" por cada recanto da nosa imaxinación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email