Inma López Silva e Francisco Castro no Encontro Literario de Escritores Salvaterrenses de México

Categoría: Nova

Inma López Silva e Francisco Castro, recoñecidos autores do catálogo desta editorial, están estes días participando do XIII Encontro Internacional que organiza en Salvatierra (México) a Asociación de Escritores Salvaterrenses. Alí, ofrecerán charlas en colexios, integrarán palestras, ofrecerán lecturas públicas e participarán das actividades que conforman a programación do festival. Unha vez máis, os autores de Galaxia levan o galego para alén das nosas fronteiras, demostrando o poder da boa literatura para abrir portas ao mundo e o seu papel central como promotora e dinamizadora da nosa lingua.

Comparte nas túas redes sociais ou por email