Celebración do Día Internacional do Libro Infantil

Categoría: Nova

Este mércores celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil. Co gallo da celebración, a nosa editorial, en colaboración con El Corte Inglés de Vigo organiza un encontro con escolares, dende as dez da mañá, na librería do centro comercial, para desenvolver un Obradoiro Literario titulado QUE PASARÍA SE SEMPRE PUIDERAS VIVIR NO PAÍS DAS MARABILLAS?
Francisco Castro é escritor, tamén de literatura infantil e xuvenil, e editor para este chanzo de idade da Editorial Galaxia. Na actividade que el dirixirá, os nenos e nenas asistentes, terán a oportunidade de, ademais de comprender algunhas das lóxicas do acto de crear, poder, eles e elas mesmas, escribir algún pequeno relato guiados polo autor e que servirá, así, para celebrar, creando literatura, o País das Marabillas que sempre é ese lugar de fantasía que habita nos contos e nas novelas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email