Antía Rodeiro gaña o Reto Lector por recomendar O neno inverno

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia lanzou o primeiro Reto Lector destinado a fomentar a lectura en galego entre os adolescentes e as adolescentes de entre 12 e 16 anos.
Un xurado composto por quince nenas e nenos de entre 12 e 16 anos valorarou todas as propostas fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación e a gañadora resultou Antía Rodeiro Maseda, de Noia, por un vídeo onde nos recomenda a lectura de O neno inverno, de María Canosa. Para ver o vídeo premer aquí.
Antía recibirá un Ipad de última xeración, pero houbo outras cinco persoas gañadoras polos seus vídeos que recibirán lotes de libros: Nee Barros, Eira Losada, Uxía Román, Sara Sabir e Carolina Cachaldora.
Grazas a todos os participantes, podedes ver todos os vídeos seleccionados aquí.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email