Aberta ao público a exposición "Redes de coñecemento"

Categoría: Nova

Co gallo do centenario da creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas-Delegación Galicia organiza esta exposición que reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita dun proxecto de actualización da ciencia contemporánea en Galicia.

O 22 de novembro abriu as súas portas a exposición "REDES DE COÑECEMENTO. A Junta para Ampliación de Estudios e a Ciencia en Galicia", patrocinada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Coordinación Institucional Galicia, e a Fundación Caixa Galicia, e producida por Merlín Comunicación.

A exposición reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita do que foi o proxecto máis importante proxecto de actualización da ciencia contemporánea en Galicia. O visitante poderá acceder, nos seus dez módulos, a información relevante, xenerosamente ilustrada, sobre personaxes e institucións, así como ter a oportunidade de observar pezas de considerable valor documental.

A exposición REDES DE COÑECEMENTO está comisariada por Xosé Antonio Fraga e coordinada por Rafael Sisto Edreira, contando coa colaboración de coñecidos expertos na historia da ciencia e da técnica en Galicia. Permanecerá aberta no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (Médico Rodríguez, 2) da Coruña ata o 20 de decembro no horario habitual da sala: de 12.00 a 14.00h e de 18.00 a 21.00h, de luns a sábado. Posteriormente será trasladada a Vigo e mais a Santiago de Compostela onde rematará a súa itinerancia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email