Estás aquí:

Código: 1302

Grial 199

12,00  IVE INCLUIDO
Como mellorar a capacidade forestal en Galicia?
O xardín dos avós

Así titula o editor a súa carta que abre este número da revista: "O xardín dos avós", centrado nas reflexións, información e debates que se desenvolveron contra o mes de abril deste ano na sede da Fundación Barrié (A Coruña), organizados pola Asociación de Antigos Bolseiros da fundación (Diálogos 03). Con anterioridade, a nosa revista xa recollera as achegas dos Diálogos 01 (sobre as expectativas da investigación en Galicia) e os Diálogos 03 (sobre o mundo e a cultura das concentracións urbanas).
Coordinado polo arquitecto Antonio García Fernández participan neste numero profesionais e especialistas na economía forestal e na cultura do bosque, unha das riquezas obxectivas da realidade galega con importates deficiencias de organización e explotación. Os incendios forestais que periodicamente aburan a nosa comunidade non son máis ca un síntoma dunha situación que precisa de actuacións decididas e estratéxicas.
Galicia dispón de arredor de dous millóns de hectáreas susceptibles de ser explotadas neste sector, case que o 60 por cento do territorio, o que representa máis da metade da produción forestal do Estado. A tese dos autores dos traballos que conforman o monográfico é que esa riqueza non só está subexplotada senón que amosa deficiencias estruturais graves, en gran medida resultado da transición acelerada e mal deseñada da economía tradicional ás novas formas de explotación capitalista. O monte galego é un tesouro mal xestionado, cando non abandonado, que de cando en vez é noticia na crónica de sucesos e que, con todo, podería constituír unha das fontes de desenvolvemento do noso sector primario.
No tempo dos nosos avós, o monte tiña unha función moi concreta na economía tradicional. Coidábase coma un xardín. Hoxe fica deixado de man. O monográfico aborda estas cuestións dende unha perspectiva ampla: o patrimonio, a cultura do monte, a riqueza forestal, a organización do territorio, os problemas de despoboamento do mundo rural…
Completa o número da revista unha nota de lembranza da figura e a obra de Benxamín Casal (1935-2013), presidente de Editorial Galaxia, que nos deixou o pasado mes de agosto. Ramón Villares escribe unha reflexión sobre a súa persoa e a súa contribución á cultura galega.
A maiores incluímos traballos de Xurxo Martínez González sobre a figura de Aurelio Aguirre, un ensaio sobre a creación dramática no período da xeración Nós (Manuel F. Vieites), unha relflexión sobre a evolución social do éuscaro (Patxi Baztarrika Galparsoro) e un traballo sobre a controversia entre xenética e ambiente, no marco da bioloxía molecular (Daniel Soutullo), ademais das habituais seccións de libros, creación e Rego da Cultura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 185
grial
12.00€ CON IVE