Estás aquí:

Código: 1287

Grial 184

12,00  IVE INCLUIDO
"A esmorga" 50 anos despois

No pasado ano 2009 cumpriuse o 50 aniversario da publicación de A esmorga. A revista GRIAL dedica o número 184 a este acontecemento.
A esmorga (1959) é un dos grandes fitos da narrativa galega contemporánea. A revista GRIAL dedica a esta obra boa parte do seu número de outubro, novembro e decembro de 2009, que vén de aparecer. Un conxunto de ensaios, coordenados pola profesora Dolores Vilavedra, abordan distintos aspectos da novela de Eduardo Blanco Amor. María López Sández fala do simbolismo do espazo urbano (Ourense/Auria); Álex Alonso Nogueira analisa a construción do espazo literario galego nesa época, nos anos 50 e nos anos 60, cun protagonismo especial por parte de Editorial Galaxia; Xosé Manuel Dasilva aborda as visititudes de A esmorga coa censura franquista, e Bieito Iglesias recrea a Auria de Blanco Amor: "A memoria ferida".

Deste xeito, GRIAL súmase ás numerosas celebracións que o 50 aniversario da edición de A esmorga promoveu en círculos literarios e culturais, ademais da lealdade dos lectores, que seguen considerando o libro coma un dos referentes fundamentais (fundacionais) das nosas letras contemporáneas.

A maiores, o número 184 de GRIAL inclúe unha entrevista ao teólogo Andrés Torres Queiruga, que nos últimos tempos foi noticia polas críticas de heterodoxia que merece o seu pensamento por parte de sectores da xerarquía eclesiástica católica. A obra de Torres Queiruga ten unha dimensión internacional. Galaxia está a piques de publicar a súa nova entrega: Repensar o mal. Da Poneroloxía á Teodicea. Pedro Castelao conversa con noso compañeiro de GRIAL sobre a significación da teoloxía na sociedade contemporánea, as relacións entre teoloxía e ciencia, o papel da relixión e mesmo sobre a liberdade de expresión.

Na sección Temas do Noso Tempo reunimos tres ensaios que, aínda que sen relación aparente entre si, teñen un denominador común: o mundo da lusofonía. Margarita Ledo Andión, Rita Marquillas e Xoan Carlos Lagares coinciden neste espazo lingüístico e cultural. E o profesor Miguel Pérez Pereira, catedrático de Psicología Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago, ten unha lembranza especial para a figura e a significación da obra de Charles Darwin no desenvolvemento da psicoloxía evolutiva, cadrando coa pasada celebración do Ano Darwin.

Albino Prada Blanco (no cincuentenario do libro de C.P. Snow); Lucía Novas e Laura Caveiro (creación); Xosé Manuel Lens (sobre Maruja Mallo); Carlos Fernández (Galaxia e Heidegger) e Paloma Calvo (crónica de Malta) completan a oferta de GRIAL, na que recollemos, ademais, tres cartas de Ramón Piñeiro a Xavier Alcalá, nos días de mocidade e primeiras andainas literarias do autor de A nosa cinza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 160
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 181
grial181
12.00€ CON IVE