Estás aquí:

Código: 1269

Grial 166

12,00  IVE INCLUIDO
Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .

25 Anos despois, o dificil nacemento da autonomía´

Poucos períodos ofrecen na historia contemporánea de Galicia unha riqueza de posibilidades e mesmo de logros obxectivos (no político, no social e no cultural) coma o que se inicia o 21 de decembro do ano 1980, data do referendo do Estatuto de Autonomía, e chega ata actualidade.

Diante da posibilidade de que volva a abrir un proceso de reforma da Constitución Española no que necesariamente teremos que volver falar das competencias de autogoberno e da consideración de Galicia como naación, nunha previsible reconfiguración do Estado, tema que xa tratamos no GRIAL 164: "A España posible". Ao equipo de redacción de Grial parécelle moi oportuna esta ollada cara atrás e decide abrir o debate neste novo GRIAL 166.

Un equipo de profesores, analistas e estudosos da ciencia política (X.Ramón Quintana, Luís Domínguez, X. Luís Rodríguez Pardo, Justo Beramendi e Xosé Luís Barreiro Rivas), coordinados polo profesor Ramón Villares , catedrático de historia contemporánea na Universidade de Santiago, recuperan a noticia daqueles días, reconstrúen os procesos paso a paso, intentan explicalos, ordenalos coa perspectiva do tempo, ofrecendo unha visión histórica, documentada e crítica do que significaron aqueles meses, tan próximos e, paradoxalmente, tan distantes.

Grial 166 pretende reconstruír e fixar para a memoria a significación daqueles días nos que o país parecía moverse entre dous polos: unha sociedade desinformada e unhas elites políticas que, aínda que con culturas e intereses moi diferentes, fixeron un enorme esforzo para non perder o paso dos acontecementos, no novo marco constitucional español e nas portas dunha nova Europa.

Nesta nova entrega de Grial está, como noutros números, presente a nova Europa. Camilo Nogueira, exdeputado no Parlamento Europeo, ofrece unha interpretación da realidade política da Unión Europea logo dos últimos referendos que se celebraron para a aprobación ou desaprobación da chamada Constitución Europea. Europa é parte da nosa realidade política, económica e cultural. Galicia é Europa. A nosa cultura é, esencialmente, unha cultura europea.

Grial 166 non quixo prescindir dun acontecemento cultural que consideramos de especial relevancia: a descuberta no palacio de Liria, no Arquivo dos Duques de Alba, en Madrid, do que ata hoxe se configura como o documento máis antigo da lingua galega. Estamos diante do primeiro documento físico conservado no que a lingua galega se expresa como lingua viva e de uso no país: o Foro do Burgo de Castro Caldelas, foro concedido polo rei Afonso IX aos poboadores desta vila ourensá no ano 1228, localizado por Henrrique Monteagudo, coodirector de Grial.
Un achado cun valor simbólico e cultural obxectivo. Como tantas cousas estaba diante dos nosos ollos e non o viamos. Ábrese a posibilidade doutros descubrimentos similares e a necesidade de seguir a investigación na memoria do pasado, na que nos afirmamos e recoñecemos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 164
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 17 x 20 cm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

García-Sabell Tormo, Teresa
García-Sabell Tormo

(Santiago de Compostela, 1942). Licenciada en Filosofía y Letras por la Universidad Complutense de Madrid.
Doctora en Filología Francesa por la Universidad de Santiago de Compostela.
Profesora Titular de Filología Francesa en la Universidad de Santiago de Compostela.
Miembro de la Asociación de Profesores de Filología Francesa de la Universidad Española.
Actividad docente en Universidad extranjera: Profesora contratada durante el curso 90-91 como Maître de Conférences en la Universidad de Borgoña (Dijou) en Francia.
Fue directora del Colegio Mayor Rodríguez Cadarso, vicepresidenta de la Asociación de Profesores de Francés de Galicia, directora del Departamento de Filología Francesa e Italiana de la Universidad de Santiago y miembro del comité organizador del Congreso "Les chemins du texte" organizado por la Asociación de Profesores de Filología Francesa de la Universidad Española y la Universidad de Santiago

As súas obras

Grial 157
n157
12.00€ CON IVE