Estás aquí:

Código: 1264

Grial 161

12,00  IVE INCLUIDO
Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .
¿Como sería Galicia sen Compostela? ¿E Europa? Dende Cluny, o antigo Imperio Romano ata a sociedade actual Santiago foi ruta de entrada e porta de saída. En certa maneira foi tamén a nosa conexión co mundo.O que os economistas de hoxe denominan un intanxible converteuse, por obra e graza da tradición asumida, nun dos grandes motores de transformación da realidade, mesmo da xeografía.

Xentes de todo tipo triparon o camiño e foron erguendo igrexas, santuarios, ordes militares, hospitais, negocios...

Con diferentes miradas, con entoacións diversas e mesmo dende distintas conviccións, propoñemos algúns ensaios sobre a significación histórica e actual do Camiño. A invención de Santiago, tal como a entende a terminoloxía medieval, supón a invención dun mundo, a construción dun imaxinario colectivo que non estiña na historia, se non que chega ata os nosos días, e que constitúe un dos eixos da definición cultural de Occidente. "Galicia constrúese en Compostela", gostaba dicir Otero Pedrayo. En calquera caso, podemos atrevernos a afirmar, é radicalmente distinta a partir da invención de Compostela. E van xa máis de mil anos dende entón. Para ben e para mal, con luces e sombras.
No Grial 160 Manuel C. Díaz y Díaz, José María Díaz Fernández, Xosé Luís Barreiro Rivas, Ofelia Rey Castelao e Henrique Monteagudo reflexionan sobre o tema.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas:
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 0ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

Non temos datos do autor