A realidade lingüística é diversa, desde o principio dos tempos. Varias veces, ao longo da historia, o ser humano, intentou imaxinar unha linguaxe universal, ideando artificios máis ou menos complexos, máis ou menos eficaces, tal que o esperanto. Así e todo a experiencia demostra que cada pobo, cada colectividade, cada gremio ou confraría, tende a construir o seu propio código de representación e comunición, as súas propias marcas de identidade, que se expresan, tamén, a través do idioma; e as linguas móvense todas entre dúas funcións básicas: a simbólica e a comunicativa. Combinar e armonizar ambas non sempre é doado, a historia tamén o demostra.
Nas páxinas do Grial 160 abórdase a complexidade desta realidade universal: o desafío da diversidade lingüística, tanto nos seus aspectos máis amplos e xeneralistas, atandendo aos principios da cuestión (Teresa Moure) coma o tratamento que a pluralidade lingüística recibe na Unión Europea (Miquel Strubell) ou os problemas da planificación e o stándar (Renate Bartsch).