O xoves 19 de novembro, ás 19:30 horas, o Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela acollerá a presentación de Dos afectos, o río, de Sofía Ruvira, obra gañadora do X Premio Illa Nova de Narrativa.
O encontro terá un carácter especial, xa que servirá tamén para conmemorar o décimo aniversario do Premio Illa Nova, reunindo autoras distinguidas en diferentes edicións do certame.
No acto participarán Vanessa Santiago, gañadora da primeira edición; Irene Rega Jul, gañadora da sexta edición; e Malores Villanueva, coordinadora do premio. Sofía Ruvira intervirá en directo desde os Estados Unidos mediante conexión en liña.
Un encontro para celebrar dez anos de creación literaria e de apoio ás novas voces da literatura galega.