“Ulises entre nós”, en Lugo

Data e hora de comezo: 19, Maio 2023 / 18:30
Data e hora de remate: 19, Maio 2023 / 19:30
C.P.

O venres 19 de maio, celebrarase, ás 18:30 h, no Vello Cárcere de Lugo, unha conversa que leva por título Ulises entre nós. Un encontro que pon o foco na tradución galega do Ulises, de James Joyce, publicada por Editorial Galaxia.

Na mesma, participarán Augusto Paramio, director da Oficina Europa Creativa do Ministerio de Cultura, Blanca Novoneyra, escritora e bailarina, e os escritores e tradutores Xavier Queipo, Antón Vialle e Isaac Xubín. Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, será o encargado de moderar o encontro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email