O xoves 19 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, o encontro «Tres autores falan sobre a Galicia moderna do século XX ao século XXI».
Participarán Antón Baamonde, autor de Agora non é antes (Editorial Galaxia, 2026); Manuel Gago, autor de Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega (Morgante, 2026); e Lourenzo Fernández Prieto, autor de A Galicia moderna. 1880-1939 (Edicións Xerais, 2026).