O sábado 21 de novembro celebrarase, a partir das 10:00 h, no MARCO de Vigo, o Simposio Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño, baixo o título Begoña Caamaño: literatura, xornalismo e vida.
A xornada, organizada pola Real Academia Galega e coordinada por María López Sández, contará con conferencias, mesas redondas, coloquios e intervencións arredor da obra literaria, o xornalismo e a vida da autora.
O programa completo pode consultarse na imaxe que acompaña esta información.
