O martes 16 de maio, ás 19 h, na libraría de El Corte Inglés de Santiago, unha sesión micro aberto, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2023.
Participarán, Marilar Aleixandre, autora de As malas mulleres, Premio Blanco Amor 2020, Premio Nacional de Narrativa 2022, Mercedes Corbillón, autora de A beleza debe morrer, Xosé Ramón Veiga Alonso, autor de Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872), e Carlos Labraña, autor de Estrela... fugaz?, V Premio 'O Facho de Teatro Infantil' 2015.