O martes 16 de maio, celebrarase, ás 19 h, na libraría de El Corte Inglés da Coruña, unha sesión de micro aberto, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Participarán, Luz Campello, autora de Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas, Narciso de Gabriel, autor de Os mestres mortos daquel verán, Lois Diéguez, autor de As voces amadas, e Irene Rega Jul, autora de A malferida, Premio Illa Nova 2022.