Samuel L. París participa no Culturgal Expandido, en Muros

Data e hora de comezo: 16, Outubro 2026 / 19:00
Data e hora de remate: 16, Outubro 2026 / 20:00
C.P.

O venres 16 de outubro, celebrarase, no Mercado Municipal de Muros, o recital poético Todos poetas menos o capitán, de Samuel L. París, autor do poemario O tenro é o salvaxe, (Editorial Galaxia, 2025), no marco do Culturgal Expandido 2026.

A programación comezará ás 19:00 h coa participación de Cándido Pazó, seguida do recital de Samuel L. París e dun concerto poético de Silvia Pena e Jesús Andrade.

A entrada é gratuíta.

Toda a información dispoñible premendo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email