O venres 16 de setembro, celebrarase, ás 11:30 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa de presentación arredor das bases do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022.
No evento, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Armando Requeixo, secretario do Centro Ramón Piñeiro e profesor na USC, e Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia.