O martes 13 de xuño, celebrarase, ás 10 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha presentación arredor do libro A mística da feminidade en Mad Men, Premio Ramón Piñeiro 2022, de Xosé Antón Cascudo, e a presentación das bases da nova convocatoria.
Acompañando o autor, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, director xeral de Caixa Rural, Armando Requeixo, crítico literario e profesor da USC, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.