O venres 19 de xaneiro, celebrarase, ás 12 h, no Café Vitruvia, en Vigo, unha rolda de prensa de presentación arredor do Premio Galaxia de Novela 75 Anos.
Pasaron 50 anos dende que Carlos Casares gañou con "Xoguetes para un tempo prohibido" o premio convocado en 1975 para celebrar o 25 aniversario da editorial. Pensando no 2025 e o 75 aniversario, Galaxia quere recuperar este premio.
No acto, participarán Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia; Dolores Vilavedra, presidenta do xurado e conselleira da editorial; Marcos Calveiro, secretario do xurado e director de Edicións; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.
Ao remate do evento servirase un aperitivo.
É preciso confirmar asistencia no seguinte enderezo:
comunicacion@editorialgalaxia.gal