O luns 16 de marzo, celebrarase, ás 11 h, na libraría de El Corte Inglés, en Vigo, unha rolda de prensa arredor da convocatoria do X Premio de Narrativa Illa Nova.
No acto, participarán Fuencisla Cid, directora de Comunicación, Relacións Institucionais e Marketing en Galicia; Malores Villanueva, coordinadora do Premio; e Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia.